OurenseÚltima hora

Un empate e unha vitoria para o Auriense Campus da Auga F.G. na liga galega de fútbol gaélico

O equipo feminino empataba co Turonia GFG e o masculino vencía a Herdeiros de Dhais F.G. logrando sendos pases para Torneo Ibérico de Sevilla

 

Dous encontros decisivos disputaba o Auriense Campus da Auga F.G este domigo. O equipo feminino xogábase o seu 2º posto para lograr o billete aoT Ibérico de Sevilla. Os rapaces pola súa parte estaban a desputarse o 3º posto que lles asegurase unha praza no torneo hispalense. E ámbolos dous lograban os seus obxectivos.

As primeiras en saltar ao terreo de xogo eran as rapazas que se enfrontaban ao equipo pontevedrés, Turonia GFG e, tal como explican dende o club ourensán, o partido comezou de cara para as locais marcando nos primeiros minutos varios goles e puntos “que fixeron que se foran distanciado pouco a pouco das contrarias, impoñendo o seu estilo de xogo e amosando o seu acerto, rematando este tempo cun 18-9 a favor das nosas”. No segundo tempo as visitantes recurtaban diferenza, debido en gran medida a que as xogadoras do Auriense estaban 7 xustas fronte unha maior escuadra visitante. Así e todo “as nosas rapazas aguantaron e loitaron coma nunca, logrando un empate (22-22) que permite que sexan 2ª para ir ao Torneo Ibérico de Sevilla”, din orgullosos dende o Auriense.

No segundo encontro da tarde, ao equipo masculino do Auriense tocáballe xogar cos Herdeiros de Dhais F.G. de Lalín, nun partido igualado de principio a fin. “Na primeira parte o equipo local comezou anotando aínda foi un reparto igualado de puntos”, matizan dende Ourense, asegurando que aos poucos o club ourensán comezou a separarse no marcador dos do Deza, rematando finalmente con 6 puntos por diante dos visitantes. No segundo tempo, entrarían con maior intensidade os Herdeiros que remontaron no marcador e ata se puxeron por diante. “Pero os graxos das Burgas non dixeran todavía a súa última palabra, e pelexando cada balón diron remotando e na última xogada dunha gran combinación, un penalti ao noso favor na última xogada do partido deunos a vitoria (20-19), asegurando o 3º posto e o billete a Sevilla”.

Fotos: Auriense Campus da Auga F.G.

Artigos relacionados

Back to top button