ConcellosEconomíaEconomíaManzanedaTrivesÚltima hora

Un equipo das Terras de Trives fronte a outro da comarca de Verín, nun programa de cociña da televisión galega

 

O vindeiro 6 de xaneiro, día de Reis, unha equipo das Terras da Trives participará, novamente, no programa da TVG “Come a Comarca – As Batallas”. Estará liderado polo chef Anxo Trives, do Hostal La Viuda, e del forman parte tamén Isabel Prada, de Casa Agenor; Óscar Freire, de Amarelante Sociedade Cooperativa Galega de Manzaneda, e Luisa Martínez e Berta Cereijo, como cociñeiras afeccionadas.

Estes cinco cociñeiros do Macizo Central Ourensán mediranse con outro equipo da Comarca de Verín, competindo entre fogóns na búsqueda da zona que mellor cociña de Galicia.

Os encargados de deseñar as receitas e de vixiar como van evolucionando as probas sen poñérllelo moi doado son os cociñeiros profesionais Gerson Iglesias como xefe dos pratos salgados e Manuel Garea como xefe dos doces.

Estes concursantes, reclutados por Fran Cañotas, defenderán o prestixio da gastronomía e produto local do seu territorio e loitarán or chegar á final onde están en xogo 15.000€ para a comarca gañadora. Hai un total de dezaseis participantes.

 

Artigos relacionados

Back to top button