A VeigaConcellosÚltima hora

Un equipo de psicólogos desprábase ata A Veiga para prestar apoio á familia do mozo falecido na praia dos Franceses

 

Sobre as oito e cuarto da tarde pasada o 112 recibía o aviso dunha persoa que alertaba de que non vira ao seu fillo saír da auga na praia dos Franceses, no concello da Veiga. “Segundo relataba, sospeitaba que lle puidera pasar algo, posto que, cando nadaba en compañía dos compañeiros observou como daba a volta, sen poder chegar a terra”, segundo informa o 112 Galicia.

Tras sesa primeira comunicación co alertador, o 112 Galicia poñía en marcha un dispositivo formado polos servizos sanitarios de urxencia, Bombeiros de Valdeorras, GES e efectivos de Protección Civil da localidade e Garda Civil.

“Finalmente, poucos minutos despois, atoparon o rapaz á beira da auga. Pese aos intentos de reanimación entre os profesionais sanitarios e particulares que se atopaban no lugar, nada se puido facer por salvarlle a vida. Ata o lugar tamén se desprazou o helicóptero medicalizado con base en Ourense, sen embargo, nada se puido facer”, tal e como engade o 112 Galicia.

Tras confirmarse o falecemento do rapaz, o 112 Galicia puxo a dispor dos familiares do menor falecido onte na praia dos Franceses (A Veiga) un equipo de profesionais do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE).

Artigos relacionados

Back to top button