EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

Un godello valdeorrés, entre os cen mellores viños do mundo do 2022, segundo a revista “Wine Spectator”

Imaxe: Grupo Jorge Ordóñez.

 

Dentro da lista dos 100 mellores viños do mundo que cada ano edita a recoñecida revista internacional de viños “Wine Spectator” figuran neste 2022 un viño valdeorrés. Trátase do Avancia Godello Old Vines 2021, do Grupo Jorge Ordóñez, que aparece puntuado con 92 puntos. “Está concretamente no posto 70. É un auténtico orgullo”, destacan dende o citado grupo.

Este branco ten “aroma de flores brancas, herbas secas e froita fresca e de boca saborosa, afrutada, de boa acidez e equilibrado; o noso viño 100% Godello non deixa indiferente a ninguén”, asegura o Grupo Jorge Ordóñez.

Nesta lista aparecen outras sete referencias españolas, outra delas galega, a da Bodega Terras Gaudas Rías Baixas O Rosal.

“Cada ano, os editores de Wine Spectator valoran os viños catados ​​durante os 12 meses anteriores e seleccionan o Top 100, en función da calidade, o valor, a dispoñibilidade e a emoción. Esta lista anual honra ás adegas, rexións e colleitas exitosas de todo o mundo”, tal e como publica “Wine Spectator”.

Artigos relacionados

Back to top button