SanidadeÚltima hora

Un grupo de alumnos do CEIP Julio Gurriarán coñece de preto o labor dos profesionais do Centro de Saúde do Barco

Participaban o 1 de xuño nunha visita moi especial que lles permitía percorrer diferentes zonas destas instalacións sanitarias

 

Pode ser que non fose a primeira vez que entraban ao Centro de Saúde do Barco, pero dende logo a visita que facían a estas instalacións o 1 de xuño descubríalles de forma diferente e amena o labor profesional que a diario se fai nelas para coidar a saúde de pequenos e maiores.

Así un grupo de alumnos do CEIP Julio Gurriarán do Barco percorría a partir das 12h. do 1 de xuño as diferentes dependencias do Centro de Saúde desta vila nunha singular iniciativa que pretende achegar aos activos á Atención Primaria.

Os nenos de Educación Infantil coñecían de preto aos profesionais sanitarios e non sanitarios que traballan neste centro, visitaban as zonas de pediatría, odontoloxía, fisioterapia e sala de urxencias nun traxecto que servía ademais “para quitarlles os medos que poidan ter e crearlles seguridade para cando teñan que acudir ao centro”, explican dende a organización da iniciativa, en mans do persoal do Centro de Saúde do Barco.

 

 

Tras esta visita, da que os nenos marchaban encantados e que o persoal do Centro de Saúde valoraba moi positivamente, está prevista unha nova o vindeiro 8 de xuño. Desta volta serán os estudantes do CEIP Condesa de Fenosa os que se acheguen ata estas instalacións sanitarias.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button