OurenseÚltima hora

Un home perde a vida nun accidente de tráfico en Baltar

 

Arredor das 17h. desta tarde de martes producíase un accidente de tráfico na OU-304, a cinco quilómetros da localidade de Baltar. No sinistro falecía o seu condutor e único ocupante do vehículo.

“O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente de tráfico ás 17:00 horas, coa comunicación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que a súa intervención descartouse ao confirmarse o falecemento do único ocupante do vehículo”, indican dende o 112 Galicia.

Ademais dos servizos sanitarios, ata o lugar acudiron tamén os axentes da Garda Civil de Tráfico e o servizo de mantemento da vía de circulación.

Artigos relacionados

Back to top button