ConcellosÚltima hora

Un incendio con 2 focos queima 60 hectáreas no Tameirón (A Gudiña)

O lume, iniciado ás 10:40h. desta mañá quedaba extinguido ás 17:46h. Ademais a provincia rexistraba hoxe outros 5 incendios de máis de 20 has dos que 1 segue activo

O Brif de Laza traballando na extinción do incendio da Gudiña./ Foto: @BrifLaza

 

A Consellería do Medio Rural vén de informar da situación de seis incendios forestais rexistrados neste domingo na provincia de Ourense e que superan as 20 hectáreas de superficie afectada. Un deles é o do Tameiro. Ás 17,46 h. desta tarde quedou extinguido o lume do concello ourensán da Gudiña, parroquia do Tameirón, que se iniciaba en dous focos ás 10,40 h. desta mañá e que afectou, segundo as últimas estimacións, unha superficie de 60 hectáreas, das cales 45 son de raso e as 15 restantes de arborado. Para o seu control mobilizáronse 1 axente, 4 brigadas, 1 motobomba, 1 helicóptero e 1 avión.

Así mesmo, está activo un lume no concello ourensán de Baltar, parroquia de Abades que tamén chegou dende Portugal e que segundo as últimas estimacións supera as 20 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse 3 axentes, 3 brigadas e 2 motobombas.

Ás 19,59 h. deuse por extinguido o incendio do concello ourensán de Entrimo, parroquia de Venceáns, que tamén entrou dende Portugal e que, segundo as últimas medicións, afectou en territorio galego unha superficie de 10 hectáreas de monte raso, dentro do devandito Parque do Xurés. Para o seu control mobilizáronse 3 axentes, 3 brigadas, 1 motobomba e 2 avións.

Por outra banda, dende as 20:03 h. está controlado o incendio do concello ourensán de Baltar, parroquia de Vilamaior da Boullosa, que tamén procede de Portugal e que afecta unha superficie de arredor de 40 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse 3 axentes, 4 brigadas, 1 motobomba e 1 helicóptero.

Dende as 19,55 h. está extinguido o lume rexistrado no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que entrou dende Portugal e que, segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 40 hectáreas (30 arboradas e 10 rasas), todas elas dentro do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Para o seu control mobilizáronse 2 axentes, 1 brigada, 1 motobomba e 1 helicóptero.

E dende as 16,06 h. desta tarde permanece extinguido o incendio do concello ourensán de Muíños, parroquia de Prado de Limia, que entrou Galicia dende Portugal esta pasada madrugada e que afectou, segundo as últimas medicións, unha superficie de arredor 8 hectáreas de monte raso dentro do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.

Ademais producíanse outros incendios forestais que afectaban a menor superficie, como é o caso dun en Castro Caldelas, que xa está controlado, e outro no Pereiro (A Gudiña).

Artigos relacionados

Back to top button