Chandrexa de QueixaConcellosÚltima hora

Un incendio derrúe case por completo unha palleira en Chaveán (Chandrexa de Queixa)

 

Ás doce e media desta pasada noite, o 112 Galicia era alertado do incendio dunha palleira en Chaveán, en Chandrexa de Queixa, na que podía haber animais no seu interior. A partir de aí, os xestores do 112 puxeron en marcha un operativo formado “polo persoal do servizo de incendios da zona, polos membros do GES de Maceda, pola Garda Civil e polos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Tamén foron informados os Bombeiros de Valdeorras e o persoal do Concello”, segundo informa o 112 Galicia.

Tras lograr a completa extinción das lapas e arrefriar a zona, os servizos de emerxencias que interviñeron no operativo comunicaron ao 112 Galicia que ardera o “alpendre case por completo e tamén o que había no seu interior, unicamente se salvara a estrutura, o teito e as paredes colapsaron e por iso procederan a precintar o lugar”, tal e como indica o 112 Galicia.

Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais, “e tan só un burro se atopaba no seu interior e tamén o puideron sacar a tempo”, citando novamente ao 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button