ConcellosO BarcoÚltima hora

Un incendio na campá extractora dunha cociña mobiliza aos servizos de emerxencia, no Barco

 

No mediodía deste martes 8 de outubro producíase un pequeno incendio doméstico no centro do Barco de Valdeorras que mobilizaba aos servizos de emerxencia, GES Valdeorras, Policía Local do Barco, Ambulancia do 061 e bombeiros do parque comarcal.

Os feitos tiñan lugar nun edificio da rúa da Estación nunha campá estractora que ardía, sendo as propietarias do inmoble as que lograban sofocar o lume sendo atendidas polos sanitarios. Con todo, os bombeiros comprobaban o estado da cociña.

 

 

Fotos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button