ConcellosÚltima hora

Un incendio provoca danos materiais nun piso do Barco

Un incendio declarábase en torno ás 16:15h. deste luns 30 de abril nun piso do Barco. Non resultaba ferida nin afectada ningunha persoa, segundo a información feita pública polo 112 Galicia, pero o lume queimaba  “a cociña e unha habitación por completo. Ademais, o fume estendeuse por toda a casa”.

O 112 Galicia recibía a alerta do incendio a través do aviso un particular. “Acto seguido, os profesionais do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaban o aviso aos Bombeiros de Valdeorras, á Policía Local, a Protección Civil, ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Valdeorras, ao 061-Urxencias Sanitarias e á Garda Civil”, segundo se informa dende esta entidade galega.

Artigos relacionados

Back to top button