Dende o pasado Xoves de Compadres comezaban a aparecer nas rúas das aldeas e vilas da provincia e tamén doutros puntos de Galicia os Lardeiros, Mecos ou Compadres. Entre eles estaba este, situado no cruceiro de Manzaneda e que, ademais dun tendal e unha táboa de planchar, tamén vai acompañado de versos. É o aviso de que se está a achegar o Entroido ao rural ourensán.