CulturaCulturaÚltima hora

Un libro afonda na historia dos antigos pasos para cruzar os ríos

Maximino Fernández Sendín presentaba na Biblioteca de Verín a obra “Poldras, pasos, pasaderas… reminiscencias del Neolítico”

Dende ben antigo o home buscou o xeito de superar o obstáculo natural que supoñían os ríos. Así se recolle no libro “Poldras, pasos, pasaderas… reminiscencias del Neolítico” (Editorial Círculo Rojo), que se presentaba na Biblioteca Municipal de Verín na tarde do 10 de novembro.

O acto contaba coa presenza do autor, o historiador Maximino Fernández Sendín, que estivo acompañado pola concelleira de Cultura de Verín, Emilia Somoza. Este traballo é froito duns cinco anos de investigación e nel apórtanse recentes achádegos arqueolóxicos que permiten datar a orixe dos “pasos” na Prehistoria. Ademais amósase como aparecen estendidos polos cinco continentes.

A obra contén 146 fotografías de diferentes partes do mundo e trátase do primeiro libro destes elementos, segundo o seu autor, xa que ata o de agora só existían pequenos traballos sobre o tema. E está escrito dun xeito didáctico e ameno que permite descubrir o valor e sentido destes primeiros pasos empregados polo home.

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button