CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Un local barquense únese ás asociacións de salas de concertos estatais para solicitar medidas mentres dure o cese de actividade

Exterior do Café Teatro Bajo 5. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ante as medidas tomadas polo Goberno para conter o Covid-19, as asociacións de salas de concertos do Estado ás que se une o Café Teatro Bajo 5 do Barco de Valdeorras, veñen de emitir un comunicado no que amosan o seu apoio e solidariedade “con todo o persoal sanitario que nestes momentos tan duros traballa pola nosa saúde poñendo en risco as súas vidas”, así como ás medidas emprendidas polo Goberno do Estado, Gobernos Autonómicos e municipios, amosando a súa colaboración para que “entre todas e todos poidamos afrontar esta situación de excepción”.

No comunicado tamén queda patente que malia as medidas adoptadas, esta crise obrigoulles a botar o peche das salas salas e cesar toda actividade sine die. “O noso compromiso coa saúde é total e queremos poñer en valor o esforzo das nosas socias e socios por ter optado polo peche voluntario antes de que se decretara o peche total destes espazos”, aseguran, engandindo que “para paliar as consecuencias incalculables que esta anómala situación vai provocar para o noso sector, para os nosos traballadores e para os músicos e artistas que actúan nos nosos escenarios vemos de crucial importancia que se tomen unha serie de medidas”.

O comunicado pode lerse integramente no seguinte PDF pero enre as medidas están a “moratoria ou período de carencia dos alugueres dos establecementos a través da creación dunha dotación extraordinaria, a fondo perdido de axuda aos arrendadores”.

En concordancia coas medias adoptadas polo Goberno, sindicatos e patronal tamén solicitan “suspender a obrigación de pago das cotizacións dos traballadores por parte das empresas durante o período de inactividad”, entre outras medidas.

Medidas propostas polas salas de concertos

 

Artigos relacionados

Back to top button