En portadaÚltima hora

Un menor, rescatado en Viana polos servizos de emerxencias tras caer por unha ladeira

 

Ás 16:50 horas deste mércores 18 de xullo o 112 Galicia recibía o aviso de que un menor resultaba ferido en Pinza (Viana do Bolo) tras caer por unha ladeira duns 20 metros de pendente e rematar nunha zona de difícil acceso.


Acto seguido, dende o CIAE 112 Galicia pasábase o aviso ao GES da Gudiña, á Protección Civil e ao persoal do 061-Urxencias Sanitarias. O persoal do PAC de Viana do Bolo e a ambulancia do 061 tamén de Viana foron os primeiros en chegar ao lugar do suceso, baixando polo terraplén e prestándolle os primeiros coidados, estabilizándoo.

 

 

Ademais dende Urxencias Sanitarias mobilizouse ata ese lugar “ao helicóptero medicalizado con base en Ourense. Os xestores do 112 Galicia informaron do ocorrido á Garda Civil, que desprazou ata o lugar dos feitos un helicóptero co grupo de rescate de montaña”, segundo o 112 Galicia.

 

 

O menor, ferido con fracturas, foi evacuado en helicóptero do 061 a un centro médico. Tamén colaboraban no rescate veciños e familiares.

 

Helicóptero no que foi traslado o mozo accidentado.

Artigos relacionados

Back to top button