ConcellosLaroucoÚltima horaVídeos

Un monicreque moi especial e o ritmo tradicional dos Bertolini, en Larouco

 

Na véspera do día grande das festas da Virxe dos Remedios, Larouco acollía dúas actividades a partir das 19:30h. da tarde. Por unha banda, Catropés presentaba o seu espectáculo “Animacreques”, unha proposta de animación de rúa que engaiolaba aos máis pequenos e tamén aos maiores.

Botando man de elementos propios da técnica circense, como é o caso dos zancos, e tamén da danza, despregábase un xogo visual que permitía aos veciños de todas as idades ir descubrindo a singular relación entre monicreque e titiriteira.

 

 

Ademais, á mesma hora, xunto ao Bar Irene, comezaba a soar a música tradicional do grupo Os Bertolini de Manzaneda. Dende aí iniciaba un percorrido pola vila, levando a festa e a alegría a cada recuncho de Larouco.

Os actos do programa festivo, organizado polo Concello co apoio do programa Xacobeo 2021, continuarán mañá cun novo pasarrúas.

Fotos e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button