ConcellosO BarcoÚltima hora

Un mural comeza a cobrar forma na rúa Florencio Delgado Gurriarán do Barco

 

Dende hai uns días os veciños da rúa Florencio Delgado Gurriarán do Barco, na zoña coñecida como Casas Baratas, están comprobando como no lateral dun dos seus edificios vai cobrando forma un mural de grandes dimensións.

Mesmo hai quen di que vai ser o poeta corgomés, homenaxeado nas Letras Galegas deste ano e que dá nome á rúa na que se sitúa o edificio en cuestión, quen aparecerá retratado. E, polo de agora, non soa raro, dado que nunha parte pode verse unha man tecleando nunha máquina de escribir e tamén un chaqueta de traxe escuro, idéntica á que leva nalgúns dos seus retratos máis coñecidos.

Dentro de pouco desvelarase o misterio e veciñanza e visitantes poderán desfrutar dun novo mural, situado ademais nas proximidades dun parque.

Fotos: O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button