
A súa proposta convida ao público a unha “viaxe fascinante e acrobática ao espacio”. É un novo concepto de circo que chegará en breve ao Barco da man de Stellar Circus. O seu espectáculo poderá verse do 10 ao 12 de maio na carpa que se instalará fronte á estación de autobuses da vila.
O espectáculo está recomendado para adultos e para nenos a partir de 1 ano. Inclúe números de circo tradicionais dentro dun “concepto de circo cun vestiario e unha posta en escena espectaculares para contar unha historia sinxela sobre unha viaxe á lúa”, explican os seus produtores.
A produción apóaise sobre “unha escenografía que se transforma durante o espectáculo para xerar diferentes paisaxes e mundos paralelos”.
Os horarios do espectáculo serán: ás 18:30h. o venres, ás 17h. e ás 19:30h. o sábado e ás 18h. o domingo.
Máis información:
https://www.circostellar.com
