A localidade de Baños, no concello da Veiga, terá garantido o seu abastecemento grazas á construción dun novo depósito de agua potable que será financiado por Augas de Galicia. Así o asegura o convenio de colaboración que asinaban na mañá do 3 de agosto a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato e o alcalde de A Veiga, Juan Anta.
Tal com avanzan dende a consellería, o novo depósito (que custará case 40.000 euros), construirase en formigón armado cunha capacidade de almacenamento de 50.000 litros, o que permitirá manter o consumo do núcleo de Baños, en condicións normais, durante polo menos sete días sen abastecemento de auga dende a captación.
A rede de abastecemento, tanto a primaria ata o depósito como a secundaria ata as acometidas ou os puntos de consumo final, funcionarán por gravidade, como se viña faendo ata ahora, evitando así os bombeos.