Tivo que ser evacuado en helicóptero debido ás súas queimaduras nas pernas
Na tarde do 15 de febreiro un veciño octoxenario da Rúa tiña que ser evacuado en helicóptero ao sufrir queimaduras nas pernas mentres estaba a realizar a queima duns restrollos nun viñedo, situado no lugar de O Redondo (lindando co Souto de San Julián) na zona da Graveira na Rúa.
O suceso producíase á primeira hora desta tarde e ata ese lugar tamén se desprazaba rapidamente unha ambulancia do 061.