A RúaConcellosÚltima hora

Un operario do camión do lixo resulta ferido nun accidente, na Rúa

 

Na noite do luns 26 de febreiro producíase un accidente na Rúa no que se vía implicado o camión do lixo. O suceso tiña lugar na rúa Castelao durante a recollida, resultado ferido un dos operarios. Segundo indican dende Protección Civil da Rúa, “o home estaba consciente pero queixábase de dores no peito e nunha perna e  finalmente era trasladado a Ourense”. Ao parecer, o operario esvarou do peldaño posterior do vehículo mentres realizaba unha maniobra de marcha atrás.

Ademais de Protección Civil, ata o lugar dos feitos desprazábase unha ambulancia do 061, a Garda Civil e a Garada Civil de Tráfico.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button