ConcellosO BarcoÚltima hora

Un paciente precipítase dende unha fiestra do Hospital de Valdeorras

Entrada ao Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco.

 

Arredor das 22h. desta noite de venres 4 de setembro producíase un incidente no Hospital de Valdeorras, no Barco. Dende a fiestra dunha das habitacións da primeira planta, situada xusto sobre a entrada principal de acceso ao centro, precipitábase un paciente. Primeiro caía sobre un andamio situado por riba da porta de acceso e que amortiguou a caída. Despois a persoa caíu no chan, segundo a versión dos veciños da zona.

Foron eles mesmos, segundo explicaban, os primeiros en acudir ata o lugar, saíndo despois rapidamente o persoal sanitario para atendelo. Segundo o Sergas, “estanse investigando as circunstancias e a natureza do accidente”. Ademais indícase que o “paciente, con prognóstico reservado, está sendo atendido neste momento”.

Artigos relacionados

Back to top button