A RúaConcellosÚltima hora

Un paseo en imaxes polos bosques de España, na Rúa

Ata o vindeiro 14 de abril o Centro Cultural Avenida acolle a mostra "Berces de vida"

 

“O bosque é o lugar onde a luz se converte en vida. É unha fábrica de claridade que traballa incesantemente para que todos respiremos”. Con esa mensaxe arranca o percorrido pola exposición “Berces de vida. De paseo polos bosques de España” que dende hoxe e ata o 14 de abril poderá visitarse no Centro Cultural Avenida da Rúa.  A mostra, en colaboración con Lunwerg, reúne 26 fotografías da biodiversidade das fragas e bosques de España e está comisariada por Joaquín Araújo.

Inaugurábase na Rúa ás 11:30h. deste 13 de abril nun acto que contaba coa asistencia de María González Albert, alcaldesa da Rúa; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de Abanca en Ourense; Alberto Domaica, director da oficina de ABANCA na Rúa; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo.

 

A exposición está incluída en «Corrente cultural», un programa enfocado á promoción de actividades culturais máis alá das sedes de Afundación. “Berces de vida” permanecerá aberta ata o 14 de abril no de luns a venres de 12h. a 14h e sábado, domingos e festivos de 17h a 21.00 h.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button