ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Un paseo polo backstage do SilFest Valdeorras

 

Como é un festival por dentro? Quen traballa nel? Onde descansan e se preparan os artistas? Com é un escenario? Son algunhas das preguntas que tiñan resposta hoxe para moitos cativos.

Como unha das actividades estrela do Mini SilFest 2024, que se está a desenvolver á beira do Sil, na praia fluvial do Malecón, no Barco, na tarde deste venres 19 de xullo realizábase unha visita polo backstage do SillFest Valdeorras.

 

 

Da man dun dos directores, Jorge Álvarez, unha docena de cativos coñecían de primeira man como son os entresixos dun festival, os camerinos, os instrumentos dos artistas sobre o escenario e tamén a parte do equipo de produción do propio festival.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button