EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

Un percorrido polas propostas gastronómicas do II Concurso de Maridanza, no Barco

Cedida.

 

Nesta ponte de decembro, a Asociación Empresarial (AEVA) organiza o “II Concurso de Maridanza Gastromímate, unha ponte de sabores”, na que os establecementos de hostalaría do Barco poderán ofrecer unha maridaxe dun prato elaborado con produtos de outono e de proximidade cun viño da Denominación de Orixe Valdeorras.

O concurso desenvólvese entre hoxe, 5 de decembro, e o 11 de decembro. Os locais participantes ofrecerán a súa fusión de viños tintos ou brancos cunha proposta natura elaborada para a ocasión a modo de prato, ración ou brunch, doce ou salgado, con produtos de tempada e proximidade como setas, cabaza, castañas, noces ou mel.

Os locais participantes estarán identificados nun mapa e tamén cun indicativo no local. Disporán dunha urna para o voto do público entre os días 5 e 9 de decembro, incentivando a participación cun premio tamén para os clientes que degusten a maridanza e a voten e que consiste en tres tarxetas regalo ValdeCASH e un lote de viños da D.O. de Valdeorras. Tralo voto do público, o sábado día 10 un xurado profesional visitará os seis establecementos finalistas, aqueles con máis puntuación do público, para avaliar as maridanzas propostas e valorará o emprego de produtos gourmet de proximidade, como os queixos, embutidos, aceites  ou licores da comarca, ademais dos viños da Denominación de Orixe Valdeorras que integrar a proposta. O día 11 será a entrega de premios.

 

 

BAR SAN ROQUE

Tenreira do San Roque: tenreira guisada á mencía con castañas.
Maridado con Alán de Val, mencía
Prezo: 6€ ración e copa de viño
Horario no que se serve o prato: desde as 20:00 ata fin de existencias

AGARIMO TAPERÍA

Ración Agarimo: zamburiñas con brocheta de cabaza
Maridado con godello A Coroa
Prezo: 6,50€ ración e copa de viño.
Horario no que se serve o prato: de 13:00 a 15:00 e de 19:30 a 21:30

O BURACO

Costela O Buraco: costela de porco ao viño tinto con puré de castaña e pataca e cabaza e verduras
Maridado con: Loanza tinto crianza, de Adega A Bágoa
Prezo: 6,00 € ración e copa de viño
Horario no que se serve o prato: de 20:30 h a 23:00

CAFÉ TEATRO BAJO 5

Petisco da Terra Valdeorresa: empanadillas caseiras con masa de níscalos e recheo de porco caramelizado con castañas.
Maridado con Alán de Val Escada, garnacha tintoreira
Prezo: 7 € ración e copa de viño
Horario no que se serve o prato: de 19:00 a 21:00

ALPHA RAÍCES

Risotto de faba loba: risotto empedrado con faba loba e botelo, coca de niscalo e vexetais da horta galega
Maridado con viño Bancales de Roandi, mencía, sousón e albarello criado en barrica.
Canelón de polo redbro: canelón fritido de polo redbro, cabaza, castaña e coliflor
Maridado con Brinde de Roandi, espumoso godello
Prezo: 7,50€ ración e copa de viño
Horario no que se serve o prato: de luns a venres de 20.30 a 23.00; fin de semana de 13.00 a 15.00 e de 20.30 a 23.00

CERVECERÍA 13/14

Crema de outono: crema de castaña con cogomelos, xamón e picatostes
Maridado con Casal Novo, mencía
Prezo: 6€ ración e copa de viño
Horario no que se serve o prato: 19:30 a 22:30

MURO DEL MALECÓN

Entrecosto outonal: Entrecosto de tenreira en salsa de cogomelos
Maridado con Alán de Val, mencía
Prezo: 6€ ración e copa de viño
Horario no que se serve o prato: de 19:30 a 22:30

CAFETERÍA FERNANDO III

Proposta mariñeira: ventresca de bacallao con froitos do mar e cogomelos
Maridado con Bancales de Roandi, mencía, sousón e albarello criado en barrica.
Prezo: 8 € ración e copa de viño
Horario no que se serve o prato: de 12:30 a 14:00 e de 20:00 a 21:30

Artigos relacionados

Back to top button