Na tarde do 6 de xaneiro a zona do Cabo da Vila, en Viana do Bolo, convertíase nun enorme belén vivinte ao aire libre. Esta escenificación cobraba vida grazas á participación de medio cento de persoas voluntarias, pertecentes a varias asociacións do municipio.
Neste “Barrio de Belén” recreábanse diferentes escenas propias do nacemento como: o Portal, a Anunciación, os Reis Magos, así como unha carpinteiría, unha pousada, un mercado, no que non faltaba un gandeiro co seu xato; pastores tocando, etc.
Dende o Concello de Viana do Bolo amosábase publicamente o seu agradecementos a contos fixeron posible este belén vivinte co que se poñía fin aos diferentes actos do Nadal neste municipio.
Fotos cedidas.