ConcellosLaroucoSan Xoán de RíoÚltima hora

Un programa de radio en igualdade, obradoiros e unha viaxe no proxecto “#En Rede” de San Xoán de Río e Larouco

“Unha radio divertida na que poñemos os micrófonos a disposición das participantes para que compartan as súas experiencias ao longo dos anos, as súas inquetudes actuais”. Así definen os promotores da iniciativa “Con M de Mulleres”, un programa de radio en igualdade dos Concello de San Xoán de Río e Larouco, incluído no programa “#En Rede. Participación e liderado feminino 2024”.

Pretende ser unha iniciativa “desenfadada” que busca “repasar a vida mesma e deixar cada historia contada para que non se perda”. No caso de Larouco a gravación terá lugar o luns 24 de xuño de 17 a 19h.

Ademais no marco deste proxecto de igualdade están previstos uns obradoiros gratuítos de elaboración de pomada con plantas locais e unha viaxe á illa de Tambo.

Artigos relacionados

Back to top button