SanidadeÚltima hora

Un técnico de radiodiagnóstico ourensán, na primeira quenda do hospital de campaña español en Turquía

 

Adrián Álvarez Álvarez vén de incorporarse ao seu posto como técnico superior de radiodiagnóstico no Hospital Universitario de Ourense, tras dúas intensas semanas nas que formou parte da primeira quenda do Equipo Médico de Emerxencia español, responsable da montaxe do hospital de campaña, ás aforas da cidade turca de Iskenderun, para dar asistencia á poboación onde o terremoto derrubou os seus dous hospitais públicos.

Tal como informan dende o Sergas, tras a petición formal de axuda do goberno turco, Adrián chegou no grupo de 82 persoas que integraron o primeiro relevo do Equipo START, na madrugada do venres 10 de febreiro. Un día antes, outro voo con material e equipo para a montaxe do hospital español aterrou en Turquía, e tan só 72 horas despois, o luns 13 de febreiro, abriu as súas portas o hospital de campaña español, do que non sairía ata a súa volta para España.

 

O técnico ourensán no hospital de campaña español en Turquía.

 

O Equipo Médico de Emerxencia español está formado por persoal voluntario pertencente aos distintos servizos de saúde públicos, xunto con bombeiros, persoal técnico e de loxística, que posibilitan a montaxe e mantemento autosuficiente dun hospital de “pavillóns” formado por tendas con capacidade para atender a 200 pacientes ao día, realizar ata 7 intervencións de cirurxía maior e 15 de cirurxía menor no seu quirófano de campaña, cunha capacidade de “ingreso” de ata 20 pacientes na súa área de hospitalización.

Ademais de montar o hospital en 48 horas, a primeira quenda na que se integrou Adrián “atendeu a máis de 2.500 persoas e superou con éxito un momento críticos, cando xusto á semana da súa chegada, o día 20 de febreiro, producíronse os novamente sismos por riba dos 6 puntos da escala Ritcher, o que xerou múltiples atencións, especialmente por accidentes de tráfico e crises de pánico entre a poboación”.

 

Vista aérea do hospital de campaña español.

 

Pese a diversa procedencia e na maioría dos casos o primeiro contacto de traballo xuntos, da experiencia en Turquía Adrián Álvarez destaca “a forte integración do equipo asistencial español, que se atopou con que a asistencia á poboación estaba máis próxima do esperado á que se presta nun periodo normal en calquera hospital público, xa que unha vez pasada a emerxencia e atención aos pacientes politraumatizados a poboación acudía a eles para os controis ou seguementos postcirúrxicos, de embarazo, ou de todo tipo de patoloxías, probas radiográficas, etc. unha vez o hospital onde o operaron ou atendían estaba destruido, e en moitos casos o seu persoal falecido na catástrofe”, din dende o Sergas.

O máis impactante para o técnico ourensán foi que “estes procedementos habituais viñan acompañados de verbas que non entendía e intuía, que falaban de traxedia e de perda, e que os interpretes voluntarios, moitas veces estudantes turcos ou españois desprazados desde todo país, afrontaban con emoción, tentando traducir as indicacións dos profesionais”.  A tipoloxía asistencial virou o 20 de febreiro, ca repetición dos sismos, nun área gravemente castigada o que provocou situacións de pánico causando múltiples accidentes e atencións urxentes, ademais de crises de pánico, atendendo a 150 persoas máis do habitual.

 

Adrián co equipo de RX.

 

O hospital de campaña español sitúase nunha zona estratéxica para a recepción de pacientes, pois ao redor concéntranse campamentos con persoas desprazadas, na conflúencia das estradas que aos distritos de Iskenderun, Arsuz e Belem; os máis afectados na provincia turca de Hatay.

A piques de iniciar a súa terceira quenda, España continua ofrecendo en Iskenderun atención sanitaria a estas áreas, en coordinación coas autoridades turcas de saúde e a Iniciativa EMT (Emergency Medical Teams) da Organización Mundial de la Saúde que xestiona la resposta sanitaria la esta emerxencia.

Adrian Álvarez Álvarez.

Artigos relacionados

Back to top button