EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

Un total de 17 restaurantes participan nas I Xornadas de Botelo e Cocido Valdeorrés

Organizadas polo Concello do Barco, desenvolveranse nas catro fins de semana do mes de febreiro en todos os restaurantes da vila barquense e tres de fóra

 

Que a Festa do Botelo do Barco de Valdeorras crecese grazas á implicación dos restaurantes é un obxectivo que o Concello se marcou hai xa tempo e “estamos moi satisfeitos porque desta volta si que o imos conseguir. A festa no pavillón é importante pero queremos que a máis importante sexa a qe se celebre nos restaurantes”.

Así o aseguraba a concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, na presentación das I Xornadas de Botelo e Cocido Valdeorrés que tiña lugar na mañá deste venres 28 de xaneiro. “A pandemia leva dous anos privándonos da celebración e hoxe por fin podemos presentar un programa alternativo, en semblanza á Festa do Botelo, que se celebrará nas fins de semana do mes de febreiro e no que participan 17 restaurantes, todos os do Barco e tres de fóra”, dixo Marga, explicando que cada un dos locais recibirá un medallón no que Artesanía Enxebre de Valdeorras plasmou en madeira o logo do botelo.

Xunto co logo en madeira, todos os restaurantes recibirán ademais unha tarxeta personalizada na que por diante aparecen o menú, o prezo e o teléfono; e por detrás, unha imaxe e unha poesía: un cadro do pintor valdeorrés Jesús Díaz Ferrer polo centenario do seu nacemento e o poema Casoiro do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán ao que se lle adica o Día das Letras Galegas 2022. “Queriamos que estes dous personaxes formaran parte desta xornadas e conseguímolo con esta fórmula”, explicou a concelleira, adiantando que quen faga as reservas nas xornadas poderá elixir entre dous menús: Botelo e Cocido Valdeorrés e recibirán como recordo un pin ou un imán conmemorativo co logo do botelo.

 

Botelo nos restaurantes. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na presentación, Margarida Pizcueta estivo acompañado polo concelleiro de Turismo, Eladio Santos e o alcalde do Barco, Alfredo García. Lalo explicaba unha das actividade complentarias das xornadas, asegurando que por sorte, “o Botelo resístese á pandemia e a ser confinado conseguindo saír á palestra porque a xente o pide e os restaurantes están encantados de servilos. É un produto con indentidade, con criterio e xa está consolidado como produto gastronómico máis alá do Barco”.

O alcalde pola súa banda, asegurou que despois de 21 edicións da Festa do Botelo, “conseguimos algo que xa nos propuxemos o primeiro ano, que a fesa saltara do xantar municipal aos restaurantes porque é a mellor garantía de que isto teña continuidade, que os restaurantes ofrezan nos meses de xaneiro e febreiro o botelo como reclamo turístico do Barco de Valdeorras, porque lograr que a xente de fóra acuda ás xornadas e á vila é o obxectivo final”, concluía.

 

 

Actividades complementarias

Nestas I xornadas gastronómicas o xantar nos restaurantes será o acto central pero non o único, convarias actividades complementarias. Unha delas comezará o día 4 de febreiro. Nesa fin de semana serán convidados varios periodistas relacionados con revistas gastronómicas ou especializadas en viño, para promover a primeira fin de semana das xornadas, a través dun programa moi apretado no que verán o funcionamento, os produtos e demais.

Outra das actividades incluirá o viño que durante dous días terá o seu protagonismo: o domingo día 6 haberá unha cata de viños de Valdeoras co sumiller Luis Paadín; e o domingo día 27, para pechar as xornadas haberá unha maridaxe de viño de Valdeorras con botelo da man da sumiller Mercedes González. As catas serán de mañá e terán un custo de 5 euros. As inscricións poderán facerse a partir da vindeira semana a través da web da Oficina de Turismo.

A terceira vai en colaboración co Cine Club Groucho Marx, que durante o mes que duren as xornadas, terán na súa programación dúas películas relacionadas co viño e a gastronomía, Delicioso e Un bocado exquisito.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button