
Entre os novos casos de Covid-19 en residencias de maiores galegas que veñen de ser notificados neste 31 de decembro pola Consellería de Política Social figura un traballador da residencia de Larouco pertenecente á Fundación Domus VI.
Trátase do segundo traballador desta residencia que dá positivo en Covid, tras o comunicado o pasado 27 de novembro e que desaparecía da listaxe por negativizar o pasado 10 de decembro.
Na listaxe de novos positivos en centros de maiores ourensáns tamén figura 1 traballador da residencia de maiores Galisenior en Ourense.