OurenseÚltima hora

Un turismo e unha moto chocan en Barbadás

 

Pasadas as 12h. deste domingo 16 de agosto producíase un accidente de tráfico na OU-540 ao seu paso por Barbadás. Chocaban un turismo e unha moto, resultando feridas dúas persoas, unha menor e un home. Segundo informa o 112 Galicia, “a menor ferida foi evacuada nun helicóptero medicalizado ata o centro hospitalario de referencia e, por outra banda, os servizos sanitarios trasladaron ao home accidentado nunha ambulancia”.

No operativo de emerxencias deste accidente mobilizábase a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, ao GES do Pereiro de Aguiar, ao Servizo Municipal de Protección Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, tal e como informa o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button