ConcellosO BarcoÚltima hora

Un veciño da zona antiga do Barco recrea unha canteira sobre a lousa natural da súa adega

 

As casas que dan ao río Sil na parte antiga do Barco están asentadas sobre pedra. Nunha delas, na parte da adega o seu propietario decidía manter parte desta base de lousa á vista e recrear sobre ela a actividade do sector da lousa, da que Valdeorras é un referente mundial. Pode verse dende o proceso extractivo en canteira ata a zona de lotes de lousa destinados á exportación.

Comenta este veciño da zona vella que aínda lle quedan elementos por completar, como o da parte humana participando neste proceso mineiro.

Artigos relacionados

Back to top button