A RúaConcellosÚltima hora

Un veciño de Fontei protagoniza o vídeo da AMCI sobre o Camiño de Inverno ao seu paso pola Rúa

O vídeo foi elaborado dentro do proxecto da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno

 

A cooperación, a solidariedade entre municipios, a excelencia, o respecto polo pasado, as tradicións e as paisaxes, a mellora das comunidades e a actitude de servizo público. Son algúns dos valores da AMCI, o proxecto dos municipios polos que transcorre o Camiño de Inverno a Santiago de Compostela que, como xerentes dos territorios que atravesa o Camiño, e garantes, directos e indirectos, dos servizos prestados aos peregrinos, decidían unirse en solidariedade interrexional en 2018, organizando conxuntamente diferentes iniciativas.

Unha delas é a de promoción a través de vídeos, do Camiño en si e tamén de cada un dos municipios polos que pasa esta ruta xacobea que nace en Ponferrada e atravesa algúns dos lugares máis espectaculares do Bierzo e das catro provincias galegas.

Un deses lugares é a comarca de Valdeorras e algúns dos seus nove concellos como é o caso da Rúa cuxo vídeo promocional vén de ser publicado, tendo como protagonista a un peregrino local, Enrique Rodríguez Sotelo, veciño de Fontei.

 

 

Fotos e vídeo: Camino Jacobeo de Invierno.

Artigos relacionados

Back to top button