DeportesPescaÚltima hora

Un veciño de Penouta (Viana do Bolo) pesca unha troita de 4 kg no encoro

Javier García coa troita./ Foto cedida.

 

O encoro do Vao, en Viana do Bolo, agocha grandes exemplares de troita. No mes de abril, Carlos García Yáñez pescaba neste encoro (preto de Santa Mariña da Ponte) unha troita de 4,100 kg e hoxe, mércores 14 de xuño, era o seu afillado Javier García Sánchez, tamén veciño de Penouta, quen se facía con outro fermoso exemplar de 4 kg no mesmo encoro, desta volta preto das viñas de Punxeiro.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button