ConcellosTrivesÚltima hora

Un veciño de Trives investigado como presunto autor dun delito contra a saúde pública e outro contra o medio ambiente

 

No marco da operación Matadouro, o día 27 de setembro o Servizo de Protección da Natureza, SEPRONA, tomaba declaración “en calidade de investigado” a un veciño de Trives como “presunto autor de dous delitos: un contra os recursos naturais e medio ambiente e outro contra a saúde pública”.

Tal como informan dende a Garda Civil, o investigado “é o responsable dunha empresa que realiza a súa actividade comercial no matadoiro municipal de Pobra de Trives e ditas instalacións carecen de autorización de verteduras desde 2010 da Confederación Hidrográfica Miño Sil e desde entón púidose comprobar que realiza vertidos sen control polos que tiña varios expedientes administrativos”.

O delito contra a saúde pública “impútaselle porque o investigado é responsable dunha empresa de embutidos, dedicada á elaboración transformación e venda de carnes ubicada na Pobra de Trives e tras realizar a Garda Civil varias investigacións, non acredita documentalmente a procedencia da carne empregada”, aseguran dende a Garda Civil.

O caso está en mans do Xulgado 1 de A Pobra de Trives.

 

Artigos relacionados

Back to top button