ConcellosEn portadaGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

Un vehículo impacta contra a porta dunha vivenda no Barco

 

Pasadas as nove da noite deste 26 de xaneiro producíase un accidente de tráfico no municipio do Barco, nas proximidades da rotonda de Veigamuíños, un dos accesos á vila barquense. Por causas que se descoñecen, un vehículo saíase da vía e impactaba contra a porta dunha casa da rúa San Tirso, co conseguinte susto das persoas que viven nela e que non resultaban feridas.

Ata o lugar do suceso desprazábanse de inmediato a Policía Local, o 061 Urxencias Sanitarias, a Garda Civil e os bombeiros do GES Valdeorras. Como consecuencia do sinistro, resultaba ferido o condutor e único ocupante do vehículo, que foi trasladado para recibir atención sanitaria.

Artigos relacionados

Back to top button