CD BarcoDeportesEn portadaFútbolÚltima hora

Un xantar reunirá aos xogadores que pasaron polo CD Barco nos seus 50 anos

Este encontro, promovido por un grupo de antigos xogadores, está previsto para o 23 de setembro

Enrique Pérez Roca e José Miguel Castro, presentando este encontro de antigos xogadores do CD Barco.

 

Era unha idea á que levaban dándolle voltas moito tempo, mesmo antes da pandemia, e que moi pronto se vai converter nunha realidade. A iniciativa parte dun grupo de antigos xogadores do CD Barco están a promover un enconto co obxectivo de reunir ao maior número posible de xogadores que teñan pasado por este club ao longo dos 50 anos de historia que cumpre neste 2023. Será unha xuntanza programada para o 23 de setembro que comezará no propio campo de fútbol de Calabagueiros, seguida dun xantar no pavillón vello do Barco.

A iniciativa presentábana ante os medios de comunicación esta mañá Enrique Pérez Roca e José Miguel Castro, pero detrás dela tamén están Tano Sarria, Roberto e Blanco. “Queremos xuntar aos xogadores que estiveron no equipo ao longo das súas diferentes tempadas e trátase dun proxecto promovido por nós e que non ten nada que ver co club”, explicaba Castro.

“Empezamos tratando de localizar a aqueles xogadores que están fóra, foi un pouco un labor de investigación, xa que de moitos non tiñamos contactos, e que fixemos estensivo a eles mesmos, para que tratasen de localizar a outros compañeiros. Por agora creamos un grupo de whatsapp do que forman parte máis de 70 xogadores e agora a idea e facer isto público para dalo a coñecer a todos aqueles xogadores que sigan nesta zona”, engadía Enrique Pérez Roca.

Esta é “unha xuntanza aberta a todo aquel que queira participar. E por agora estamos moi contentos coa resposta que estamos tendo, comezanos en serio hai 15 días e a acollida está sendo fabulosa”, comentaban estes dous ex xogadores barquenses.

 

 

Ademais da visita ao estadio e do xantar, tamén se barallan outro tipo de actividades que se irán concretando en datas próximas. Tampouco se descarta xogar un partidiño entre “todos aqueles que se atrevan a vestirse de curto e volver saltar ao campo”.

As entradas do xantar terán un punto de venta en La Placita, un bar situado na praza do Concello do Barco. Así mesmo os organizadores poñen a disposición varios números de whatsapp para aqueles que queiran contactar con eles directamente. Son os seguintes:

– Roca 679 95 39 40
– Castro 626 53 79 42
– Roberto 646 63 98 27
– Tano Sarria 626 57 31 47
– Blanco 680 61 14 13

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button