ConcellosParada de SilÚltima hora

Un xogo online coa plataforma Tristán Téllez chegará a Parada de Sil o 17 de xuño

Calquera persoa maior de idade pode xogar e, a primeira que sexa capaz de seguir as pistas do xogo e atopar a solución, conseguirá un premio de 5.000 euros e unha estadía de fin de semana nun establecemento hoteleiro de Parada de Sil

Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil./ Foto cedida.

 

O Concello de Parada de Sil, en colaboración coa plataforma Tristán Téllez e “tras un longo camiño de dificultades técnicas totalmente alleas a esta administración local”, pon en marcha o evento online para resolver o argumento do primeiro capítulo que se desenvolve no Mosteiro de Santa Cristina.

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, quere amosar a súa satisfacción pola posta en marcha deste importante proxecto que espera teña continuidade con outro ou outros capítulos. Lembra que este é un xogo onde o menos importante é a capacidade de manexo. “Preténdese fomentar a lectura, espertar o espírito crítico da actualidade, afondar no coñecemento da historia (xeral e local), da ciencia e da filosofía. Todo isto envolto nunha trama novidosa salpicada de guiños de humor na que a comprensión dos textos é a única ferramenta para avanzar. E, por suposto, nun marco incomparable como é o Mosteiro de Santa Cristina, do que o xogo permitirá coñecer fragmentos importantes da súa historia, sendo o xogo polo tanto un instrumento importante para a diculgación e maior coñecemento desta xoia arquitectónica”, explica o rexedor.

Para xogar só se necesita un PC, rexistrarse na web e descargar a aplicación do xogo e comprobar que funciona no teu ordenador porque está feito para Windows e cunhas mínimas necesidades de hardware. A partir das 12:00 horas do día 17 de xuño a aplicación poderá descargarse na páxina web do concello www.paradadesil.es ou na plataforma www.tristantellez.es. O acto concluirá o 25 de xuño ás 22:00 h.

Calquera persoa maior de idade pode xogar e, a primeira que sexa capaz de seguir as pistas do xogo e atopar a solución, conseguirá un premio de 5.000 euros e unha estadía de fin de semana nun establecemento hoteleiro de Parada de Sil.

O alcalde de Parada de Sil agradece o traballo do enxeñeiro Javier Cid, “que o fixo posible” e agradece tamén que sexa a empresa a que poña o premio dos 5.000 euros. Así mesmo fai un chamamento a participación.

Artigos relacionados

Back to top button