En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Unha animada Volta Ecolóxica enche de cor A Rúa Vella nas festas de S. Roque

 

A praza César Conti, a mesma que hai dúas noites se enchía co II ‘Got Talent’ da Rúa Vella, volvía encherse na tarde deste sábado 19 de agosto, cos participantes na 41ª edición da Volta Ecolóxica, unha peculiar ruta en plenas Festas de San Roque, que enchía de cor e alegría as rúas da vila valdeorresa.

 

 

Esta iniciativa orixinal iniciativa nacía hai décadas como protesta contra os desastres medioambientais e os maltratos ecolóxicos e hoxe mantense, ademais, como unha divertida actividade familiar na que os pais, tíos e mesmo avós, acompañan aos nenos en engalanadas bicicletas, percorrendo con todo tipo de disfraces, boa parte da Rúa Vella.

 

 

Nesta ocasión eran 150 as persoas de todas as idades que, seguindo a normativa do concurso, saían en bicicleta e noutro vehículo ecolóxicos como patinetes e carros con disfraces feitos en moitos casos con material reciclado dende a praza César Conti ata completar o vistoso percorrido no campo de San Roque. Entre os disfraces, coma sempre había un pouco de todo, fuleros, superestelares, barbies bailarinas, mariquitas, deportistas, indios, medusas, acios de uvas,… e un longo etc.

 

 

Nesta ocasión o premio ao máis orixinal individual era para ‘Dama del Agua’; ao máis orixinal comparsa para ‘Los Super Stelares’; á comparsa máis numerosa para ‘Las Barbies y Los Kens’; ao participante de máis idade par Luis Fernández Gudiña; e ao de menor idade para Antía de 8 meses.

 

 

As Festas de San Roque continúan esta noite coa orquestra Arizona.

 

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button