
Dende o 19 de maio está en marcha unha singular actividade que pretende achegar o Camiño de Inverno ás persoas con discapacidade. Trátase dun proxecto no que unen forzas as asociacións Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras, que preside Asunción Arias, e Discamino de Vigo.
“É unha entidade que se adica a levar persoas con dificultades físicas polo Camiño de Santiago. Corría o ano 2009 cando fixeron por primeira vez o Camiño de Inverno a proposta do seu presidente Javier tamén coñecido como “Pitillas” e agora estamos a facer este Camiño conxuntamente”, explica Asunción Arias, que está a realizar en triciclo este percorrido apoiada por voluntarios de Discamino.

Neste sábado chegaban ao Barco de Valdeorras e remataban a segunda etapa do percorrido, entre As Médulas-O Barco.
Fotos cedidas.