EconomíaEconomíaÚltima hora

Unha cata de viños no Barco pon o broche á III edición de Gastromímate

A iniciativa de AEVA incluía un recuncho gastronómico en 29 esablecementos do Barco e da Rúa e un concurso de fotos nas redes sociais

 

No mediodía deste domingo 15 de outubro a Casa do Río Cigüeño, no Barco de Valdeorras, acollía unha cata guiada pola sumiller Mercedes González (embaixadora española de champagne), que poñía o broche á III edición de Gastromímate, as xornadas coa gastronomía local como protagonista na ponte de outubro, organizadas por AEVA para “dar visibilidade aos produtos da comarca, incentivar o consumo e implicar ao comercio para destacar o valor económico trasversal da gastronomía”.

 

Caldo verde con castañas ofrecido nos bares o venres e o sábado./ Foto cedida.

 

A proposta incluía degustacións nos comercios e bares participantes (o venres pola tarde e o sábado), unha cata maridanza e un concurso de fotos nas redes sociais.

As degustacións para a clientela era de petiscos elaborados con produtos de tempada e da zona: castañas, noces, cabaza, setas, queixo, mel,… no cado dos comercios e caldo verde con castalas no caso dos bares. Na cata, á que asistían unha vintena de persoas degustábanse tres viños (Brinde de Roandi, Escada de Alán de Val e A Devesa de O Cepado) e petiscos de queixo e empanada.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Máis información e fotos no seguinte enlace:

‘Recuncho de sabores’ en 29 establecementos do Barco e A Rúa no III Gastromímate de AEVA

Artigos relacionados

Back to top button