O Barco

Unha cea popular e cantos de taberna polos bares, entre os actos das Festas da Octava do Corpus en Viloira

Celebraranse do venres 7 ao luns 10 de xuño

Octava do Corpus en Viloira o ano pasado./ Foto: A.R.

 

Cun completo e variado programa se presentan este ano as Festas da Octava do Corpus de Viloira (O Barco de Valdeorras) que se estenderán do 7 ao 10 de xuño.

A programación abrirase o venres día 7 coa 1ª Cea Popular na praza a partir das 21:30 horas. As entrada están á venda no Bar Anj3l e no Mesón O Isla (22 euros adultos e 12 euros rapaces). A partir das 24 horas haberá festa rachada coa Disco Opium Dj Isra.

O sábado día 8 haberá cantos de taberna polos bares de Viloira a partir das 17 horas. O baile correrá a cargo da Orquestra Fuego, en sesión de tarde (21:30 horas) e verbena (01 horas).

 

 

O domingo 9 de xuño será o día grande das festas con alborada polo pobo a partir das 10 horas e a misa seguida da procesión prevista para as 12 horas. A sesión vermú estará amenizada por J. Manuel (ex cantante da Orquestra París de Noia) e o baile pola Orquestra Marbella, tanto en sesión de tarde como verbena.

Así chegará o último día, luns 10 de xuño, con alborada polo pobo (10 horas); sesión vermú con gaiteiros na praza (13 horas); baile coa Orquestra Saudade en sesión continua (20:30 hora); e despedida cunha potente tirada de bombas.

 

Artigos relacionados

Back to top button