ConcellosÚltima horaVídeos

Unha colección dunhas 500 botellas de viño, na adega do valdeorrés Luis Delgado

 

Comezaba a xuntar botellas na súa adega en Larouco para adornar este lugar, pero esa idea inicial pronto se convertía nunha afección. E aquelas dúas primeiras botellas pasarían a converterse, doce anos despois, nunha destacada e interesante colección dunhas 500. Hainas de viños de Valdeorras, pero tamén de moitos outros lugares e todas están cheas.

Entre os exemplares desta colección, que continúa completando coa compra novas pezas cando sae de viaxe ou ben polos agasallos dos seus amigos, hai algúns especiais. É o caso dunha botella cunha etiqueta elaborada polo propio coleccionista e dedicada ao escritor da súa terra natal, Córgomo (Vilamartín de Valdeorras), Florencio Delgado Gurriarán. Ademais garda con especial agarimo outra que lle regalaba o seu fillo con motivo da súa voda, cunha caixa que ten gravada unha emotiva dedicatoria.

 

 

Na súa adega, ademais de botellas, este corgomés casado en Larouco tamén reserva un lugar destacado para o fútbol, como seguidor do CD Córgomo Vilamartín.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button