CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Unha comedia sobre a amizade e o porvir, o 25 de marzo no Teatro Lauro Olmo do Barco

"Porvenir", de Impromadrid Teatro, porase en escena a partir das 21h.

Imaxe de “Porvenir” de Impromadrid Teatro.

 

A compañía Impromadrid presentará o vindeiro venres 25 de marzo ás 21h. a obra “Porvenir” no Teatro Lauro Olmo do Barco. Trátase dunha peza con texto e dirección de Ignacio López e que estará interpretada por Paloma Córdoba, Ignacio Soriano, Borja Cortés, Ignacio López e Elena Lombao.

“Porvenir” conta a historia de catro amigos de sempre que, marcados pola deusa fortuna, enfróntanse á incómoda pregunta de como queren vivir a madurez das súas vidas. “Dámosnos o momento para reflexionar sobre o que queremos como seres humanos e por que o queremos? Estamos condenados a seguir o ritmo de Kronos (o deus do tempo cronolóxico)? Non é seica a nosa responsabilidade defender e gozar de Kairós (o tempo oportuno e cualitativo)?”, son as cuestión sobre as que reflexiona a obra, tal e como se adianta dende a compañía.

 

Artigos relacionados

Back to top button