Galerías de fotosÚltima hora

Unha conferencia achega, detalle a detalle, o antigo tranvía de Verín

No marco dos actos da conmemoración do 110 aniversario do tranvía de Verín, promovidos pola Biblioteca de Verín, tiña lugar na tarde do 27 de abril a conferencia “Un tranvía que fixo historia”. Impartíase no Auditorio da vila da man de Paco Boluda e Miguel Losada.

Complementaban as súas intervencións coa proxección de fotografías e planos orixinais, guiando así ao público nunha viaxe ao Verín dos anos de apoxeo da actividade balnearia. Os conferenciantes ofrecían a oportunidade de coñecer a fondo a historia e características da liña, a súa infraestrutura, as dependencias para o mantemento do tranvía e do tiro, ou os distintos tipos de vehículos utilizados para o transporte de viaxeiros e mercadorías.

Fotos: Biblioteca de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button