EconomíaEconomíaEn portadaEntroido 2021Vídeos

Unha emotiva homenaxe á Festa da Androlla en vídeo

O Concello de Viana vén de publicar unha coidada peza audiovisual "Do Xantar do Bo Pepiteiro á Festa da Androlla", realizada por Estela Barone e á que pon voz Eduardo Fernández

Unha das imaxes do vídeo.

 

O xantar do “bo pepiteiro” era aquel no que se ía comer unha boa xantada. Esta era a denominación que recibía nos seus inicios a actual Festa da Androlla de Viana do Bolo. O que comezou sendo un xantar de catro ou cinco amigos converteuse, co paso dos anos, no referente gastronómico do Entroido vianés, chegando a reunir ata 3.000 persoas no Domingo Gordo en torno á mesa e manténdose durante máis de medio século.

Así se recolle nun vídeo homenaxe á androlla realizado por Estela Barone e no que Eduardo Fernández Silva pon voz á historia desta celebración. Con esta fermosa e emotiva peza audiovisual o Concello de Viana do Bolo prentede “render unha pequena homenaxe a un dos eventos máis importantes do noso Entroido”, coincidindo ademais coa suspensión da 51ª edición desta celebración.

“Ao tratarse dunha das festas gastronómicas máis importantes e antigas de Galicia, dende o concello queremos tamén, con este vídeo, dar a coñecer a todo o mundo en que consiste o noso exquisito menú”, sinala o Concello de Viana, en cuxas redes sociais se pode ver o vídeo.

Ademais de explicar as orixes da festa, tamén se indica como se elabora este emblemático e carnavalesco embutido vianés, e mesmo como é a súa prepraparación dende a cociña á mesa. Un traballo que, sen dúbida, constitúe “unha pílula do inicio desta historia, da nosa historia”, tal e como se apunta ao final do vídeo.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button