EconomíaEconomíaÚltima hora

Unha ‘Experiencia Valdeorras’ para celebrar o Día do Pai, da man do CCA O Barco

O premio que se sorteará inclúe unha visita a unha adega, unha comida ou cea e unha actividade de aventura no río Sil para dúas persoas

 

O Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco celebra o Día do Pai coa campaña ‘Con P de Pai’ que nesta ocasión propón o sorteo dunha’ Experiencia Valdeorras’ entre os clientes dos seus establecementos asociados.

Este premio inclúe unha visita a unha adega do Barco de Valdeorras (a elixir entre Godeval, Roandi ou Virxe de Galir); unha comida ou cea nun dos restaurantes do CCA O Barco (a elixir entre Casa Galaica, Fernando III e Piquiño); e un descenso en kaiak polo río Sil coa empresa Vía Nova Aventura; todo iso para dúas persoas.

Para participar no sorteo, os clientes deberán depositar os seus tickets de compra na urna que se instalará na praza do Concello, fronte ao Concello vello, o venres 18 de marzo en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas. Serán válidos todos os tickets correspondentes ás compras realizadas do 14 ao 18 de marzo nos establecementos asociados ao CCA O Barco.

Dentro da mesma campaña e de forma paralela, o CCA O Barco regalará aos participantes no sorteo camisetas do Día do Pai de campañas correspondentes a anos anteriores (ata esgotar existencias).

Artigos relacionados

Back to top button