ConcellosÚltima hora

Unha felicitación moi especial polo seu aniversario para Kike, un neno de Sober

Este meniño da aldea de Suareixa en Neira cumpre neste 2 de abril 3 anos

 

A través do persoal de Protección Civil, o Concello de Sober acudía este 2 de abril ao domicilio dun neno a petición da súa familia para felicitarlle o aniversario e levarlle un agasallo. Alí, déronlle os parabéns a Kike, de Suairexa en Neiras, que hoxe cumpre 3 anos.

Ademais dos agasallos, tamén houbo música de cumpreanos para que pase o día da mellor maneira posible.

O Concello de Sober fará o mesmo con todos os nenos e nenas que cumpran anos durante o confinamento.

Teléfono 24 horas

O persoal de Protección Civil de Sober segue a atender as necesidades dos veciños e veciñas levándolles aos seus domicilios alimentación, medicamentos e outros produtos básicos. Desde esta semana contan cun teléfono que atende as 24 horas a disposición dos cidadáns: 650203440.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button