EconomíaEconomíaEn portadaEntroido 2021Última hora

Unha Festa do Cabrito diferente neste Entroido en Vilariño de Conso

 

Co fin de manter o espírito dun Entroido que neste ano non poderá celebrarse como tal debido á situación sanitaria, dende o Concello de Vilariño de Conso, en colaboración coa Asociación Xuntos polo Fulión, lanzábase unha iniciativa para facer partícipes aos veciños da tradición, mantendo a seguridade, e tamén do seu apartado gastronómico: a Festa do Cabrito.

Así, no mediodía deste Sábado de Entroido realizábanse un reparto (gardando as correspondentes medidas de seguridade sanitaria), casa por casa de cada unha das aldeas do municipio, dun lote para desfrutar no fogar do xantar da celebración: unha bandexa de cabrito (asado na panadería de Vilariño), acompañado de patacas, 1 ración de bica e dous chupitos de licores diferentes.

 

 

O reparto facíase en varias tandas e contábase con algún persoal do Concello de Vilariño, con Protección Civil e tamén con membros da Asociación Xuntos polo Fulión en cada aldea, vestidos de Boteiros, a máscara central do Entroido deste municipio.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button