DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Unha fin de semana ao ritmo das motos en Trives

Preto de 300 inscritos na XII concentración mototurística “Os Esquíos”

Un ano máis e xa van doce, a segunda fin de semana do mes de xullo, as motos eran as protagonistas nas rúas da Pobra de Trives. Preto de 300 moteiros, chegados dende diferentes puntos de Galicia, Valladolid, Madrid e ata Portugal acudían á convocatoria do Moto Club “Os Esquíos” para a súa xa tradicional concentración mototurística.

Entre o 10 e o 12 de xullo, os participantes puderon disfrutar dun completo programa de actividades no que non faltou a boa comida, as rutas, a música e o bo ambiente ata o punto de que tanto participantes como organizadores e hostaleiros amosaron a súa satisfación “saíu todo moi ben e penso que a xente que dou contenta polo que a valoración é moi positiva” asegura o presidente do moto club Simón R. Pérez.

O programa encetábase o venres coa apertura de inscricións na praza do Reloxo e a festa de benvida cunha gran chourizada e sangría con animación. O sábado tiña lugar a ruta turístico-gastronómica por Castro Caldelas, Montederramo e Chandrexa de Queixa, con parada para repoñer forzas. Ao regresar a Trives, tiña lugar a tradicional e exitora ruta barítima con “porco ao espeto”, acompañados pola música de Os Bertolini polas rúas do casco vello da vila. E xa pola noite, trala ruta de bengalas, numeroso público asistía á exhibición acrobática de Paulo Martinho, rematando de madrugada coa actuación musical de Los Correctos.

O encontro moteiro remataba o domingo, co xantar e entrega de agasallos, despois do almmorzo e a ruta, con pinchos incluidos, ata Cabeza de Manzaneda.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button