Para moitas persoas o Entroido é máis que unha festa, é un sentimento que viven con moita intensidade. E, pese ás circunstancias actuais, cun pouco de imaxinación sempre se poden buscar alternativas para, mantendo as medidas sanitarias, exteriorizar este sentimento, compartilo cos demais e transmitirllo.
Así o vén de facer estes días Marcos, un veciño do municipio de Vilariño de Conso, que acudía cada día ao longo desta semana disfrazado (de maneira diferente) a traballar. Como condutor dun camión, levaba a ilusión do Entroido a cada un dos lugares polos que pasaba na súa ruta durante estes días.
Fotos cedidas.